Turgalicia presenta a oferta turística de Galicia na Feira de Turismo Interior INTUR

A organización deste certame premiou a campaña de promoción da marca ‘Galicia, gárdasme o segredo?’ atendendo á súa “capacidade para trasladar a esencia do destino turístico a través da sensibilidade

 A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, presenta desde hoxe e ata o vindeiro domingo a oferta galega de Turismo interior na XV edición da Feira Turística INTUR, que se celebra en Valladolid. Neste certame, destinado aos profesionais do sector turístico e ao público xeral, Turgalicia instalou un stand de deseño de 300 metros cadrados para promocionar os recursos e produtos turísticos galegos.

Ademais da promoción global da Cuminidade Autónoma de Galica que vai a realizar Turgalia, a este evento tamén acude a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, para promocionar o Camiño de Santiago. Asemade, como coexpositores participarán tamén o Padroado Provincial de Turismo de Ourense, Turismo Rías Baixas, Turismo da Coruña e o Plan de Competitividade Turística Portas de Galicia.

 Premio á campaña de Turgalicia

Doutra banda, os responsables de Turgalicia recollerán hoxe o premio que a organización desta feira de turismo, a máis importante das que se celebran en España no eido do Turismo Interior, outorgou á campaña de publicidade Galicia, gárdasme o segredo?. A organización de INTUR premiou a iniciativa da Consellería de Cultura por ser a “mellor campaña publicitaria de Turismo Interior”.

 Este galardón outórgase no marco do décimo quinto aniversario do certame turístico, polo que a organización da feira INTUR quere distinguir ás empresas, colectivos e institucións que ao longo dos últimos anos apoiaron o desenvolvemento do Turismo Interior en España. Segundo o xurado, “trasladar ao viaxeiro a esencia dun destino é un reto, no que a creatividade ten que ir da man da sensibilidade”, e así, con campañas como Galicia, gárdasme o segredo?, “Turgalicia transmite ilusión por descubrir eses segredos”.

 Creatividade e plan de medios

A campaña de publicidade premiada por INTUR, foi desenvolvida pola Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, entre os días 9 e 30 de decembro de 2010, coincidindo coa presentación da primeira marca turística da Comunidade galega, Galicia, gárdasme o segredo?, o día 15 de decembro de 2010 na cidade da Coruña. Esta campaña, emitiuse logo no mes de xuño de 2011 para incentivar as visitas turísticas a Galicia durante o verán.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *