PRETO DE 9,5 MILLÓNS DE VISITANTES CHEGARON A GALICIA AO LONGO DO PASADO ANO 2011, UN 6,4% MÁIS QUE EN 2010

No ano 2011 a comunidade galega rexistrou un total de 3.760.868 viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros de turismo regrado, segundo datos provisionais do Instituto Nacional de Estadística

Galicia rexistrou tamén a chegada de 5.689.126 excursionistas estranxeiros, segundo os datos de Frontur, que analiza os movementos en fronteira, e que supoñen un 23,3% máis en relación aos recibidos no ano 2010 e un 26,6% máis se se comparan cos datos de 2009

Galicia recibiu durante o pasado ano 2011 un total de 9.449.994 viaxeiros, un 6,4% máis respecto ao pasado Ano Santo e un 13,6% máis a respecto de 2009. Os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística (INE) revelan que a nosa comunidade recibiu neste ano un total de 3.760.868 viaxeiros que se aloxaron en establecementos regrados, o que supón un 11,9% menos que os recibidos en 2010 e un descenso do 1,6% a respecto dos recibidos en 2009.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *