Os portos galegos ostentan a metade das distincións “Q” de Calidade de toda España

Galicia posúe seis dos doce galardóns que certifican a calidade das instalacións náutico recreativas

Ademais, ostenta o liderazgo nacional no número de certificacións en Turismo Rural e Balnearios; o segundo en axencias de viaxes e o cuarto en hoteis

Os clubs náuticos de Portonovo, Sada, Ribeira, Ría de Ares, Ribadeo e Real Club Náutico de Vigo veñen de obter este recoñecemento

O Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) vén de outorgar un total de seis certificados Q de Calidade aos portos deportivos galegos. Con este recoñecemento, Galicia sitúase como líder nacional ao ostentar a metade das distincións concedidas ás instalacións náutico recreativas en toda España. Ademais Galicia ostenta o liderazgo nacional no número de certificacións en Turismo Rural e Balnearios; o segundo en axencias de viaxes e o cuarto en hoteis.

Neste segundo ano de existencia do recoñecemento aos portos, recibiron o galardón os clubs náuticos de Portonovo, Sada, Ribeira, Ría de Ares, Ribadeo e Real Club Náutico de Vigo, que ven así certificada a súa calidade na prestación dos servizos.

Todos os clubs merecedores da Q pertencen a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia, Asnauga, que impulsou a obtención destas certificacións a través do convenio asinado coa Secretaría Xeral para o Turismo, e coa colaboración de Portos de Galicia. Esta norma de calidade, pioneira no ámbito específico das instalacións náutico recreativas, establece uns requisitos que definen o nivel de servizo ao cliente, incrementando o valor engadido da propia instalación e impulsando o seu atractivo turístico.

As recentes certificacións de calidade na prestación de servizos dos portos galegos únense ao recoñecemento ambiental que recibiu a comunidade autónoma ao inicio do verán ao ser galardoada con 11 Bandeiras Azuis aos Portos de Galicia.

Sistema de calidade turística

O Sistema de Calidade Turística de España, foi implantado no ámbito de todo o Estado español polo propio sector turístico co apoio do Goberno Central e as Comunidades Autónomas.

Na actualidade estanse a desenvolver en Galicia programas de calidade turística dentro da marca Q nos subsectores turísticos relativos a hoteis, Turismo Rural, restaurantes, axencias de viaxes, cámpings, balnearios, servizos de restauración, espazos naturais protexidos, praias, axencias de viaxes, pazos de congresos, Turismo Activo e instalación náuticas; programas nos que participan varias empresas turísticas galegas, das que 243 contan xa co distintivo Q de calidade. Galicia é así o territorio español onde máis medraron o número de certificacións ao longo do ano 2011.

 

 

 

En Galicia o Sistema de Calidade Turística de España está representado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo e cunha delegación territorial do ICTE.

A estratexia da marca turística Q consiste en dotar ás empresas do sector turístico español dun sistema de xestión e mellora da calidade de produtos e servizos que lles permitan crean unha vantaxe competitiva axeitada ós novos retos do mercado, e conseguir así o recoñecemento da imaxe de marca de España como destino de calidade.

Turgalicia, a través de acordos asinados cos representantes do sector turístico galego, apoia a implantación e promoción do Sistema de Calidade entre as empresas e servizos turísticos galegos. A Secretaría Xeral para o Turismo, pola súa parte, a través dunha orde específica de subvención, apoia o proceso de certificación dos establecementos e servizos turísticos que finalizan o proceso de implantación do Sistema de Calidade. Deste xeito, a Administración turística galega incentiva a certificación e ademais difunde o Q, de Calidade entre os clientes do Turismo galego.

 

 

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *