O turismo de Galicia promociónase esta fin de semana no Salón Internacional do Turismo de Cataluña

Os cataláns supuxeron o 7,1% dos turistas nacionais que se aloxaron nos establecementos turísticos regrados da Comunidade galega o ano pasado, e constitúen o segundo mercado interior máis importante para Galicia.

 

A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, presentará a oferta turística de Galicia para o mercado catalán entre os días 20 e 22 de abril no Salón Internacional de Turismo de Cataluña un dos mercados turísticos máis importantes de España logo da Feira Internacional do Turismo de Madrid (FITUR).

Neste evento turístico, dedicado ao turismo en xeral, ademais de difundir os valores da marca Galicia, gárdasme o segredo?, Turgalicia promocionará o novo mapa de Xeodestinos de Galicia, os dez produtos cabeceira de marca, ademais de toda a oferta turística de Galicia e o Camiño de Santiago .

No SITC, Turgalicia instalará un stand de deseño, que contará cunha superficie de 200 metros cadrados pra promocionar de xeito máis directo o Turismo galego.

A presenza galega nesta feira é fundamental, como reforzo á promoción turística en Cataluña, un dos mercados máis importantes para a Comunidade galega, e que se caracteriza pola súa longa tradición viaxeira.

Turistas cataláns
A participación neste certame turístico permitirá influír no mercado turístico catalán cando se están a decidir os lugares para pasar as pontes de maio e as vacacións de verán.

Cataluña, con 211.137 viaxeiros e 454.280 pernotias, foi o segundo mercado nacional máis importante para a Comunidade galega en 2011, xa que o 7,1 por cento dos españois que se aloxaron en establecementos regrados de Galicia o ano pasado procedían desta Comunidade autónoma.

Os cataláns situáronse no segundo lugar, xunto aos castelán-leoneses, despois dos madrileños, no relativo á ocupación hoteleira en Galicia en 2011, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística. Doutra parte, e de acordo cos datos do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, os turistas cataláns, con 153.845 viaxeiros, supuxeron o 20,9 por cento no tráfico aéreo de Galicia en 2011. Estes datos situaron ao mercado catalán no segundo español máis importante para Galicia.

 

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *