Galicia rexistrou no primeiro trimestre do ano 497.066 viaxeiros aloxados, un 1% máis que no mesmo período do ano pasado, e un 3,4% máis de excursionistas que entre xaneiro e marzo de 2011

Os establecementos hoteleiros rexistraron unha suba do 0,4% respecto ao ano pasado e os extrahoteleiros (apartamentos turísticos, campamentos e turismo rural) do 15,8%. Todas as modalidades da oferta extrahoteleira rexistraron variacións interanuais positivas

Os excursionistas recibidos no primeiro trimestre de 2012 superan nun 3,4% aos recibidos nos tres primeiros meses do ano pasado

 Galicia rexistrou no primeiro trimestre do ano un total de 497.066 viaxeiros aloxados no conxunto da oferta turística regrada, un 1 % máis que en relación ao observado no mesmo período do ano pasado, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística (INE).

Por tipoloxías, os establecementos hoteleiros rexistraron un total de 474.487 viaxeiros, un 0,4% máis que no período xaneiro-marzo de 2011. No caso da oferta extrahoteleira, contabilizáronse un total de 22.579 viaxeiros, o que supón un 15,8% máis en relación ao ano anterior. As pernoitas, que se situaron nun total de 43.869, tamén rexistraron neste segmento unha suba do 1% respecto ao primeiro trimestre de 2011.

Xa que logo, todas as modalidades da oferta extrahoteleira rexistraron variacións interanuais positivas. Os apartamentos turísticos foron os que rexistraron unha suba maior, un 35,2% máis respecto aos tres primeiros meses de 2011. O ascenso no caso dos campamentos turísticos foi do 16,9% e o dos establecementos de turismo rural situouse nun 8,1%.

A estas cifras hai que engadir as referentes ao excursionismo estranxeiro facilitados por Frontur, que analiza os movementos en fronteira. En total, de xaneiro a marzo, rexistráronse 1.056.427 excursionistas estranxeiros, o que supón un 3,4% máis respecto dos tres primeiros meses de 2011.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *