Galicia recibiu 8,8 millóns de visitantes nos once primeiros meses de 2011

De xaneiro a novembro, a comunidade galega rexistrou un total de 3.571.162 viaxeiros aloxados en establecementos de turismo regrado, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), o que supuxo un 5.9% máis respecto ao mesmo período do pasado Ano Santo.

Galicia rexistrou tamén a chegada de 5.237.911 excursionistas estranxeiros, segundo os datos de Frontur, que analiza os movementos en fronteira, e que supoñen un 22,6% máis en relación aos recibidos no ano 2010.

Galicia recibiu nos once primeiros meses do ano un total de 8.809.073 visitantes, un 5,9% máis respecto ao mesmo período do pasado Ano Santo. Os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística (INE) revelan que a nosa comunidade recibiu no período que vai de xaneiro a novembro deste ano un total de 3.571.162 viaxeiros aloxados en establecementos de turismo regrado, á espera de coñecer a final de ano os últimos datos da oferta extrahoteleira no mes de novembro.

 Analizando a oferta hoteleira e extrahoteleira por separado, o informe do INE revela que se contabilizaron dende comezos de ano e ata novembro nos establecementos hoteleiros un total de 3.178.270 viaxeiros. Os datos para os establecementos extrahoteleiros (apartamentos turísticos, campamentos e establecementos de turismo rural) corresponden de momento ata o mes de outubro, e suman un total de 392.892 viaxeiros.

 A estas cifras hai que engadir o número de excursionistas estranxeiros que chegaron a Galicia e que, segundo os últimos datos de Frontur, que analiza os movementos en fronteira, suman un total de 5.237.911. Este dato supón un 22,6% máis respecto dos recibidos no ano 2010. A maioría deles son excursionistas procedentes de Portugal (93,3%) e realizan a viaxe en vehículo propio (99,7%).

 Novembro

Respecto da conxuntura turística do mes de novembro, Galicia rexistrou un total de 617.669 viaxeiros, un 10,7% máis respecto do mesmo período do ano anterior. En total, o número de viaxeiros da oferta de turismo regrado foi de 211.884 viaxeiros. O cómputo xeral confórmano o número de excursionistas estranxeiros chegados á nosa comunidade nese mes, 405.785 segundo os datos de Frontur.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *