GALICIA PRESENTA EN FITUR 2012 OS NOVOS PRODUTOS CABECEIRA DE MARCA E O MAPA DE XEOSDESTINOS

O stand galego conta con preto de 1.300 metros cadrados para presentar toda a oferta turística da Comunidade galega en Madrid entre os días 18 e 22 de xaneiro.

 No recinto de promoción galego celebraranse 17 presentacións relacionadas co Turismo galego.

 

A Xunta de Galicia, a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, instalou o seu stand institucional para a promoción do Turismo de Galicia na Feira Internacional do Turismo de Madrid, Fitur 2012, entre os días 18 e 22 de xaneiro. Son preto de 1.300 metros cadrados de superficie dedicados á difusión turística da Comunidade galega nun dos principais mercados do mundo. Ademais, o longo destes días os que ao celebraranse no recinto de promoción galego 17 presentacións relacionadas co Turismo de Galicia.

Este ano, o stand da Xunta de Galicia presenta como novidade os dez produtos cabeceira de marca por medio dos que, a partir de agora, se comercializará o destino turístico Galicia, baixo o paraugas da marca Galicia, gárdasme o segredo?.

Os produtos cabeceira de marca pódense considerar exclusivos de Galicia, de xeito que permiten a diferenciación dos recursos competidores, ao tempo que inclúen os principais servizos turísticos galegos.

Este produtos son: Camiño de Santiago, Faros e praias salvaxes, A ruta da camelia, Mananciais de Galicia, Bosques de Galicia, Santuarios máxicos, Turismo mariñeiro, Paseando entre viñedos, Patrimonio oculto e Lugares únicos.

 Xeodestinos

Por outra parte, a Xunta de Galicia, por medio do stand de Galicia en FITUR, difundirá entre os operadores turísticos e o público xeral o mapa  de Xeodestinos, presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo en Santiago de Compostela o pasado 30 de novembro.

Os xeodestinos constitúen un novo concepto de ordenación e promoción do destino turístico Galicia dividindo o territorio galego en 14 áreas turísticas, agrupadas segundo as singularidades de cada zona.

 Deste xeito, Galicia dívidese turisticamente nos seguintes xeodestinos: Rías Altas (Ferrolterra-Eume e A Coruña-As Mariñas), Costa da Morte, Terras de Santiago, Mariña Lucense, Lugo e A Terra Chá, Ancares-Courel, Ribeira Sacra, O Ribeiro, Terras de Ourense e Allariz, Celanova-A Limia, Verín-Viana, Manzaneda-Trevinca, Rías Baixas (Ría de Muros e Noia, Ría de Arousa e Terras de Pontevedra e Ría de Vigo e Baixo Miño) e Deza-Tabeirós.

Stand de Galicia

Nesta edición de FITUR, o stand galego conta cunha superficie de 1.293 metros cadrados e estará situado no pavillón 9, parcelas 9C07/9C09.

Desde a perspectiva da comunicación turística, o recinto posicionará a marca do Turismo galego, Galicia, gárdasme o segredo?, poñendo en valor os recursos turísticos galegos baixo este paraugas, mediante un xogo de insinuacións e segredos a medio desvelar que busca espertar a curiosidade dos visitantes.

Así, a súa estética transmite unha atmosfera particular e orixinal a través dunha imaxe cálida, amable, alegre e positiva que potenciar Galicia como un destino turístico con personalidade propia.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *