FESTIVAL COMPOSTELA 2017

A ASBL Centro Galego de Bruxelas organiza a segunda edición do Festival Compostela para celebrar os seus 20 anos nos locais de “La Tentation”. Será durante o primeiro fin de semana de xuño, os días 03 e 04 de xuño de 2017.

Despois do éxito da primeira edición que reuniu a máis de 5.000 persoas, e máis de 300 artistas folclóricos; o Festival Compostela completamente gratuíto, pon en valor as músicas tradicionais e a diversidade cultural do Camiño de Santiago de Compostela, recoñecido como Primeiro Itinerario Cultural Europeo pola Unesco. É un Festival multicultural e para tódalas idades.

O Festival Compostela que propón ao público unha programación diversa: desfile de grupos tradicionais no casco histórico de Bruxelas, casetas gastronómicas, artesanía e actividades para os nenos na Praza de Béguinage, concertos de músicas do mundo, conferencias, reencontros de peregrinos e exposición. Unha programación variada que chamará a atención e suscitará curiosidade ao público!

O sábado 03 de xuño comezaremos por un desfile folclórico no casco histórico da capital, unha exposición sobre a emigración galega nos anos 20, unha conferencia con un historiador Roel Jacobs “Le Béguinage et Compostelle” e en La Tentation os concertos dos artistas invitados Iñaki Plaza & Band (Euskadi), Tejedor (Asturias) et Susana Seivane (Galiza).

O domingo 04 de xuño propón as familias e nenos unha edición especial dedicada a Galiza no proxecto “Sunday Family Brunch” co grupo Pesdelán (Galiza) e unha festa do baile “Domingo Latino” coas Mambo Sins (Galiza) e Banda Bruselas (Bélxica), que nos fará bailar ata o amencer.

Ao longo do fin de semana na Praza de Béguinage haberá casetas de gastronomía española, con unha auténtica “Pulpeira” chegada directamente de Galiza, unha Sesión Vermú, un espazo recreativo para os nenos e no escenario varias presentacións de baile, música tradicional e latina entre as 14h e 20h.
¡Unha programación variada que chamará a atención e suscitará curiosidade ao público!

ORGANIZACIÓN e INFORMACIÓNS PRÁCTICAS:
Centro Galego de Bruxelas ASBL – La Tentation: Rue de Laeken 28, 1000 Bruxelles
Web: www.latentation.be – Mail : info@latentation.be

Official web Festival Compostela: https://www.festivalcompostela.be
Vídeo Festival Compostela: https://vimeo.com/175209785
@Facebook: /FestivalCompostelaenBruxelas/ – @Instagram: /festivalcompostela/

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *