Axentes de viaxe e xornalistas filipinos visitan Galicia para coñecer a nosa oferta turística

A xira está organizada por Turgalicia e a Oficina de Turismo de España en Singapur, percorrerán parte da Comunidade galega ata o día 4 de maio

 

A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, vén de organizar unha viaxe de familiarización para que un grupo de seis axentes de viaxe e xornalistas filipinos poidan coñecer parte da oferta turística de Galicia.

Esta viaxe que se desenvolve dende o día 30 de abril ata o 4 de maio, e céntrase fundamentalmente na cidade de Santiago de Compostela e As Rías Baixas.

A organización deste evento de promoción turística de Galicia contou tamén coa colaboración da Oficina de Turismo de España en Singapur e a compañía aérea Singapore Airlines.

Programa
Na súa estadía en Galicia, os visitantes filipinos coñecerán a oferta turística de Santiago de Compostela e as Rías Baixas, concretamente a cidade de Pontevedra, Combarro, A Toxa, O Grove e Cambados.

Os participantes na viaxe representan aos medios de comunicación Phillippine Inquirer e People Asia/Phillippine Start.

Por outra parte, os axentes de viaxe que se achegarán ata Galicia representan ás compañías Mondial Travel, Executive Resources, King of Travel e Destination Specialist.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *