A Xunta promocionou o turismo de Galicia no País Vasco a través da feira Expovacaciones

A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, promocionou a pasada  fin de semana os recursos e os produtos turísticos de Galicia na feira Expovacaciones, que tivo lugar no centro de congresos e exposicións Bilbao Exhibition Center (BEC), situado na cidade de Barakaldo.

Nesta ocasión, Turgalicia presentou un stand de deseño cunha superficie de 200 metros cadrados no que se difundiu toda a oferta turística de Galicia e o Camiño de Santiago, facendo especial fincapé no mapa Xeodestinos e a marca do Turismo galego, Galicia, gárdasme o segredo? cos seus produtos cabeceira: Camiño de Santiago, Faros e praias salvaxes, Turismo mariñeiro, Paseando entre viñedos, A Ruta da Camelia, Santuarios máxicos, Patrimonio oculto, Mananciais de Galicia, Bosques de Galicia e Lugares únicos.

A feira Expovacaciones é un dos certames turísticos más importantes de España que este ano celebra a súa 33 edición. Este evento rexistra ano tras ano unha notable afluencia de público, que destaca polo seu interese polas novas iniciativas e propostas turísticas.

Turistas vascos
Os vascos supoñen un dos mercados emisores máis importantes para o Turismo galego. Así o ano pasado a Comunidade galega rexistrou 114.630 visitantes do País Vasco que realizaron 298.739 pernoitas en establecementos hoteleiros galegos.

O País Vasco é o sexto mercado nacional máis importante para Galicia logo de Madrid, Cataluña, Castela e León, Andalucía e Asturias.

Canto ao tráfico aéreo, o ano pasado 20.097 vascos se achegaron a Galicia en avión, o que supuxo o 2,7 por cento do total nacional.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *