A páxina web www.turgalicia.es rexistrou nos tres primeiros meses do ano 483.444 visitas, con 2.947.438 de páxinas vistas

Ao longo dos dous primeiros meses de 2012 o Contact Center Social Media de Turgalicia desenvolveu 2.857 accións de promoción do Turismo de Galicia nas redes sociais
 

A páxina web do Turismo de Galicia, www.turgalicia.es incrementou o seu número de visitas un 13,92 por cento no primeiro trimestre de 2012, en relación ao mesmo período do ano 2011.

Deste xeito, a páxina web de Turgalicia recibiu os tres primeiros meses de 2012 un total de 550.747 visitas, fronte ás 483.448 do primeiro trimestre do ano anterior.

Polo que respecta ao número de páxinas vistas, entre xaneiro e marzo de 2012 foron vistas 3.133.769 páxinas da web www.turgalicia.es, fronte aos 2.947.438 dos tres primeiros meses de 2011.

Contact Center Social Media
Doutra parte, a actividade do Contact Center Social Media do Turismo de Galicia, servizo adscrito a Turgalicia encargado de promocionar a oferta turística galega nas redes sociais, desenvolveu un total de 2.857 accións, o que supuxo unha media 68 accións diarias, 11 diarias por cada un dos 6 axentes deste servizo.

Ademais, deste labor do Contact Center nas redes sociais, Turgalicia mantén unha conta na rede Facebook que xa ten máis de 11.000 seguidores, outra en Twitter, con preto de 2.000, unha canle propia en Youtube, con vídeos que se reproduciron máis de 81.000 veces e unha conta el Flicrk con 200 fotografías turísticas de Galicia que foron vistas máis de 4.500 veces.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *