Fixó, o vestixio dun negocio nacido da neve

En plena decadencia económica do século  XVII, colle pulo un rechamante tráfico de xeo por toda a península. Para iso usábanse as neveiras naturais, que almacenaban neve nos meses de inverno e convertíana en xeo que era empregado para o arrefriado e a conservación dos alimentos. 

 

En Galicia, polas condicións meteorolóxicas e pola orografía dalgunhas zonas, explotouse moito ese tipo de comercio.

 

Así é que na aldea de Fixó, en Forcarei (provincia de Pontevedra) atópanse dúas neveiras que outrora estiveron dedicadas a eses mesteres. As estruturas teñen máis de 7 metros de profundidade e foron construídas cun dobre muro cunha cámara interior de dous metros de anchura para asegurar a súa  estanqueidad.

 

Datadas no século  XVII, cando empezou o auxe desta actividade, as neveiras de Fixó eran explotadas polo monxes do Mosteiro de Aciveiro, que obtiñan delas unha das súas principais fontes de ingresos. E é que o comercio de xeo foi unha das actividades máis rendibles da zona durante este século e os seguintes xa que o Camiño Real, tamén chamado do correo, que unía o mosteiro co Ribeiro, pasaba por estas montañas.

 

Pero, cal é a orixe destas neveiras? Xa os romanos recorreran a esta forma de arrefriado no seu momento, que foi decaendo ata a Idade Media. Dise que os árabes seguiron utilizándoas e que no século  XVII, cando volveron a Occidente, foi como innovación importada de Oriente.

 

Ademais de para os usos máis coñecidos como o da conservación e arrefriado da comida e bebida, o xeo producido era empregado tamén para a elaboración de xeados e  sorbetes, así como para usos terapéuticos en medicina. 

 

As de  Fixó, cun excelente estado de conservación, teñen un grande interese arqueolóxico e están catalogadas no Inventario  Xeral  do Patrimonio Cultural de Galicia. 

Para acceder a elas recomendámosche a Senda das  Naveiras, un percorrido que che permitirá gozar do patrimonio e paisaxe da aldea.

 

Máis información aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *