Volve o Outono Gastronómico

Volve o Outono Gastronómico

 

Empeza setembro e vese asomar xa a chegada do outono. E para que a volta á rutina non se faga tan dura suxerímosche que te unas ao Outono Gastronómico.

 

Que non sabes como funciona? Aquí explicámoscho todo.

 

Poderás elixir entre case 90 establecementos de Turismo Rural das catro provincias galegas para pasar unha fin de semana do 13 de setembro ao 15 de decembro con ofertas especiais, entre as que se inclúen diferentes menús elaborados con produtos galegos de tempada.

 

Tras 12 anos consolidando este circuíto, no 12+1 preséntanse novidades. Falamos do Outono Plus, co que, como complemento, poderás realizar actividades desde os establecementos de turismo rural participantes. Paseos a cabalo, roteiros de sendeirismo, visitas a adegas con catas de viño, ou termalismo son algunhas das opcións entres as que poderás elixir. 

 

O turismo rural envórcase así con este iniciativa da Xunta de Galicia, preparando cada establecemento dous menús concibidos exclusivamente para a ocasión. Carnes de matanza, cogomelos, castañas, galo de curral de Vila de Cruces, tenreira galega,  grelos, e moitos máis produtos acompañados dos mellores caldos de nosas D.O.

 

Na provincia da Coruña poderás elixir entre 24 establecementos onde aloxarte, converténdose na de maior oferta. Pontevedra e Ourense contan con 20 casas participantes cada unha, e na provincia de Lugo poderás escoller entre 22. 

 

Se queres afastarte da cidade durante un par de días, este é o teu momento. Volveraste atopar coa natureza e a gastronomía tradicional galega dunha maneira diferente. 

Unha noite, a fin de semana completa, en parella, con fillos, con amigos,  Outono Gastronómico ofréceche infinidade de posibilidades. 

 

Máis de 64.000 persoas gozaron xa desta iniciativa nos últimos anos. E ti, apúntaste a pasar un outono diferente?

 

Poderás consultar todos os aloxamentos e ofertas aquí. 

One thought on “Volve o Outono Gastronómico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *