Productos gallegos de verano

Productos gastronómicos galegos que solo encontrarás no verán

Galicia é, sen dúbida, todo un paraíso para o noso padal. Ademais da beleza da súa paisaxe e outras moitas razóns, os visitantes que acoden cada ano veñen ansiosos por degustar os produtos gastronómicos galegos. Mostrámosche aqueles produtos que só terás o pracer de atopar no verán. Non os deixes pasar!

Pementos de Herbón

Acompañando todo tipo de peixes, carne ou marisco, ou constituíndo unha tapa soa, calquera forma é boa para degustar esta delicia. Os monxes Franciscanos trouxéronos de Mexico no século XVII para sementalos no seu convento de Herbón, parroquia do municipio de Padrón. A produción destes pementos está amparada pola Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón entre os meses de maio e outubro. Por iso, os verdadeiros son especialmente difíciles de atopar fóra de Galicia. Non esquezas o dito popular, uns pican e outros non.

Pementos de Arnoia

Os pementos de Arnoia engádense á lista das marabillas que ofrece a provincia de Ourense. Entre o 1 de xuño e o 15 de outubro comeza a comercialización destes pementos, salvo circustancias metereológicas adversas. Son os mellores meses para os amantes dos pementos de Arnoia xa que é cando este produto goza da súa maior calidade. Máis de 20 quilómetros cadrados de cultivo atópanse amparados pola Indicación Xeográfica Protexida. A súa cor verde intensa e a súa consistencia carnosa, convérteno nun produto único e delicioso. Se é que aínda non os probaches, sabemos que non poderás resistirche.

Xoubas

As xoubas, como se lles chama no sur de Galicia, ou parrochas, no norte, son as sardiñas pequenas, pero non tan pequenas, pois a talla mínima permitida para a sardiña é de 11 centímetros. Non sabemos con certeza a orixe etimolóxica destes dous nomes, o que si sabemos é que están deliciosas. Entre os meses de xuño e agosto, atopámolas no seu maior esplendor, acaparando as terrazas cando empezan a saír os primeiros raios de sol. As máis coñecidas da nosa terra son as xoubas de Rianxo, ás cales se lles rende homenaxe a finais de xullo coa Festa de Xouba.

Productos gallegos de verano

Mirabel

Non deixes que o verán acabe sen antes probar esta delicadeza gastronómica. O Rosal converteuse no berce deste tesouro dourado cando foi traído desde a Selva Negra xa hai décadas. O seu carácter tan especial dáse pola dificultade de atopalos fóra deste ámbito xeográfico e máis aló da súa reducida estacionalidade, que se limita a xullo e parte de agosto. Así que, organiza unha escapada a Galicia e non te quedes sen eles!

Mirabeles, productos gallegos

Chinchos

En Galicia coñécense como chinchos aos xurelos cando aínda son pequenos. Do mesmo xeito que coas xoubas, os xurelos tamén teñen talla mínima permitida e é de 15 centímetros. Podemos tomalos fritos ou en escabeche, de calquera forma están riquísimos. Os xurelos do palangre son coñecidos por ser máis saborosos xa que este método de pesca permite que sexan atrapados de maneira separada, evitando así que se esmaguen uns cos outros. Tómaos xunto aos pementos de Herbón, converteranse na túa combinación estival favorita.

Productos gallegos de verano

Asegurámosche que Galicia é unha terra de sabores únicos, pero queremos que veñas comprobalo ti mesmo. O verán galego espérache!

 

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *