Un xurado de profesionais da cociña e a hostalería escolle a mellor tapa de Galicia

DeTapasxGalicia Finalistas

O veredicto sobre cal é a mellor tapa de Galicia estará o martes en mans dun xurado de profesionais da gastronomía e a hostalería. O Premio Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia ditaminarao un xurado formado por Pepe Solla, cociñeiro membro do Grupo Nove; Luis Rial Sierra, subdirector de Explotación e Stages do Centro Superior de Hostalería de Galicia; Francisco González, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; Pablo Portabales, xornalista e crítico gastronómico; e Guillermo Fernández, delegado de Hijos de Rivera en Santiago.

Mentres, o Premio Especial do Público será outorgado por un xurado popular de cinco integrantes, escollidos ao azar entre os asistentes ao evento. Haberá ademais un Premio Especial As Tapas Estrella Galicia á creación que mellor combine coas bebidas da firma. O cociñeiro gañador desta última distinción recibirá o equivalente do seu peso en cervexa.

Os xornalistas Quique Morales e Yolanda Vázquez serán os encargados de conducir a Gala, na que os sete finalistas rematarán en directo as súas creacións en sets de cociña especialmente dispostos para cada un no Museo Centro Gaiás.

Os chefs participantes, unha boa mostra da nova creatividade da gastronomía galega, son Gonzalo Pérez (Frank, Ferrol); Moncho Bargo (Spoom, A Coruña); Lucía Freitas e Nacho Tierno (A Tafona Casa de Xantar, Santiago); Rubén González e Sergio Orge (El Cafetín, Pontevedra); Carles Lapuente, (La Contenta, Vigo); Álvaro Villasante (Paprica, Lugo); e José Luis Fernández (Tapa Negra, Ourense).

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *