Un camiño en outono, a proposta de Ourense para De Tapas por Galicia

Ourense envía xuventude á final de De Tapas por Galicia. Con só 25 anos, José Luis Fernández fíxose co primeiro posto do certame Sabores de Outono grazas a unha receita que recrea un camiño galego, e que nomeou Trisquel: biscoito de chocolate, xitake, escuma de níscaros, saquiño de carrilleiras no seu zume e queixo do país.

Desde o fogón do bar Tapa Negra, no centro da cidade, Fernández crea mes tras mes pratos de pequeno tamaño para degustar en compañía. O día 31, na Cidade da Cultura, compartiraos co resto de Galicia na Gala Showcooking do Premio Mellor Cociñeiro.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *