Siro González (Compostela) reivindica as receitas de barrio

Siro_Glez_baja
Siro González

Siro González é un dos referentes na cociña compostelá dos últimos tres lustros. O miniprato que preparará en De Tapas por Galicia nace do seu compromiso cos barrios da cidade, pois esta Costela de cabra da Mercé entronca coas festas patronais das zonas populares do Castiñeiriño ou  Conxo. A carne pícase moi fina e macérase moi lentamente nunha preparación que combina, entre outras cousas, apio e pasas, unha receita de inspiración árabe, da que a carne sae practicamente lista para comer: “A presentación final faise ao momento e á brasa, sen máis. Todo o proceso está na mestura de ingredientes”, afirma González, que quere, con esta creación, “relanzar este tipo de produtos e representar a gastronomía tradicional da nosa cidade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *