Sete propostas optan ao Premio Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia

De Tapas por Galicia

Sete dos cociñeiros máis reputados da Comunidade mostrarán na Cidade da Cultura o día 31 as súas habilidades cos pratos de pequeno tamaño. De tapas por Galicia reúne en Santiago aos gañadores dos concursos de tapas das ciudades galegas para unha gala show cooking en directo na que participará unha mostra do mellor da gastronomía do país.

Gonzalo Pérez (Restaurante Frank) representará á cidade de Ferrol; Moncho Bargo (Spoom) á Coruña. Sen saír da provincia, Lucía Freitas e Nacho Tierno (A Tafona Casa de Xantar) participarán por Santiago, e o seu  compañeiro no Grupo Nove Álvaro Villasante (Paprica) farao por Lugo.

Desde máis ao sur, Rubén González e Sergio Orge (El Cafetín) serán os representantes de Pontevedra, e Carles Lapuente (La Contenta) o de Vigo. Finalmente, José Luis Fernández (Tapa Negra) defenderá a aposta culinaria de Ourense na gala final do Premio Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *