Samaín

O Samaín é unha festa pagá de orixe celta que se celebra da noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, que co cristianismo pasou a chamarse “a noite de todos os santos”. Con esta festa celebrábase o fin da tempada, o paso do verán ao inverno e era considerado o “ano novo celta”, dando comezo á tempada escura.

Había a crenza de que durante esta data os defuntos visitaban as igrexas e as ermidas nas que se celebraban misas polas súas almas. As ánimas volvían ás súas casas para comer cos seus familiares e quentarse á calor da cheminea mentres se afastaban da tristeza dos cemiterios.

As tradicións ditan que hai que acender unha fogueira común con ramas de serbal ou de tezo, as cales se consideraban sacras. Con cabazas ou melóns realízanse aterradoras caveiras nas que se poñía unha vela acendida dentro para espantar aos malos espíritos durante esta transición.

tg_contido_lateral

Esta tradición tamén se levou a Estados Unidos durante o século XIX, vindo o seu actual nome,”Halloween”, de “All Hallows´s Eve” (“véspera de todos os santos”).

En moitas cidades e pobos galegos aínda conservan moitas destas tradicións, en Cedeira son famosas as súas máscaras de cabazas ou melóns anaranaxados, os calacús nas Rías Baixas, as bonecas con remolacha en Xernade (Lugo), en Quiroga as máscaras de cabaza déixanse secar para usalas no entroido…

Durante o Samaín e vésperas, Galicia énchese de festas para celebrar esta milenaria tradición. En Ribadavia vístense con vestimentas estrafalarias e percorren o casco antigo portando fachos e deambulando mentres atemorizan á xente. De madrugada fan un desfile emulando á Santa Compaña. Antes deste desfile fan danzas para vivir un auténtico Samaín. Ademais haberá un espectáculo de lume e malabares, un mercadillo, varios espectáculos cun aquelarre de bruxas, etc.

espectaculo25225

En Verín tamén se realiza un desfile imitando á Santa Compaña. En Catabois, Ferrol, haberá un pasacalles e as ánimas recorreran o quilómetro do terror.

Mentres, en Catoira, celebrarán un Samaín celta no que fan a Procesión das caveiras, onde os veciños van en comitiva coa única luz das velas dentro das cabazas. Ao acabar a procesión haberá unha feira gastronómica onde non faltarán os sabores típicos de outubro.

Estas son só algunhas das festas que se celebrarán por Samaín e se fóra por nós non nos perderiamos ningunha.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *