Ruta do viño Rías Baixas

Hoxe en día as Rías Baixas acollen a maior Denominación de Orixe galega, tanto polo número de adegas como pola extensión en viñedos, os cales se estenden por 33 concellos da metade occidental de Galicia. Así, a Denominación de Orixe Rías Baixas está composta por 5 subzonas (O Rosal, Condado de Tea, Soutomaior, Val do Salnés e Ribeira do Ulla) que integran un territorio discontinúo que, desde o límite sur da provincia de Pontevedra, vai salpicando de viñedos a franxa atlántica de Galicia ata alcanzar a parte meridional da provincia da Coruña.

A personalidade única das súas variedades e viños son consecuencia das peculiaridades do seu territorio, o seu clima, as súas xentes e a súa cultura. Unha terra chea de matices que poderás descubrir percorrendo a Ruta do Viño Rías Baixas, unha das primeiras Rutas do Viño de España.

Os viños da D.O. Rías Baixas caracterízanse por estar elaborados con uvas autóctonas, principalmente brancas, tendo como gran protagonista a variedade Albariño que acapara aproximadamente o 95% da produción. Outras variedades preferentes son Loureira branca ou Marqués, Caiño branco e Treixadura, para as brancas, e Caiño tinto, Espadeiro, Loureira tinta e Sousón, no caso das tintas.

Máis información …

Guardar

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *