Rubén González e Sergio Orge representan a Pontevedra en De Tapas por Galicia

Seguimos de pinchos polo sur. Rubén González e Sergio Orge representarán á cidade de Pontevedra na final do Premio Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia o próximo día 31.

Cun concepto teatral e divertido da gastronomía, os dous chefs de El Cafetín gañaron o certame Pontedetapas cunha orixinal posta en escena dun clásico da tradición culinaria galega: na súa Versión de empanada de bacallau nada é o que parece, como podedes comprobar neste vídeo.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *