Produto ferrolán e inspiración oriental na receita do Frank para De Tapas por Galicia

tapa ferrol De Tapas por Galicia

Con produto do país e inspiración oriental, o chef Gonzalo Pérez, do restaurante Frank, será o representante de Ferrol na final do Premio Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia, organizado por Turismo de Galicia.

Pérez, formado nos fogóns da Armada, foi o favorito do público e do xurado no último concurso Tapéate Ferrol cun Roliño vietnamita de porco celta e cigala no que mesturaba produtos tan galegos e ferroláns como a carne e o marisco cunha técnica de elaboración asiática, semellante aos tradicionais roliños de primavera. A verdura e unha escuma  lixeiramente picante rematan a receita. Despois do seu paso pola Mariña e de rexentar un restaurante en A Coruña, Gonzalo Pérez ofrece no Frank cociña de calidade en pequenos formatos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *