PR-G1 Galiñeiro

PR-G1 Galiñeiro
PR-G1 Galiñeiro

ACCESOS – Pola estrada de Vigo a Gondomar e na encrucillada coa estrada que vén do Porriño, deterse na Pasaxe.

LONXITUDE – 8,6 km. A rota principal ten 8,2 km e a derivación 0,4 km de ida e volta.

PUNTO PARTIDA / CHEGADA –  A Pasaxe.

MATERIAL – É fácil conseguir auga nas numerosas fontes do percorrido.

SERVIZOS – Refuxio Miguel Regueira de Club Montañeiros Celtas. Bares ao comezo e final do percorrido.

PERCORRIDO – A Pasaxe, Galiñeiro, presa de Zamáns e A Pasaxe.

DIFICULTADE – Media

DURACIÓN – 3 horas.

CONEXIÓNS – Cos GR 53, 58 e co PR-G 2

Entre as parroquias de Zamáns e Vincios e a 13 km de Vigo, O Galiñeiro, ergue a súa figura rochosa con 709 m como altura máxima da serra que leva o seu nome, dominando os vales circundantes e ofrecendo unhas vistas espléndidas.

O sendeiro comeza no lugar da Pasaxe, onde existe un cartel anunciador. Durante o percorrido encontraremos bosques mixtos e zonas de descanso con fontes de auga fresca. nas paredes graníticas do Galiñeiro existe unha zona de escola de escalada con multitude de vías de diferente dificultade para a práctica deste deporte. Na parte alta, xa cerca do cume, existen restos posiblemente pertencentes a un muro defensivo dun castro galaico-romano. Desde o pico domínase un extenso panorama do sur da provincia de Pontevedra.


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *