Pontevedra gaña o premio do xurado e Vigo o do público en De Tapas por Galicia.

RESUME GALA TWITTER

Os mellores petiscos de Galicia e os seus creadores reuníronse onte na Cidade da Cultura para a Gala Show Cooking De Tapas por Galicia, un evento de cociña en directo organizado por Turismo de Galicia co obxectivo de potenciar o turismo urbano e gastronómico. Os pontevedreses Rubén González e Sergio Orge, de El Cafetín, foron recoñecidos polo xurado profesional co Premio Mellor Cociñeiro; mentres que Gerson Iglesias e Carlos Barreira, do Ruxe Ruxe de Vigo, gañaron o Premio Especial do Público.

No acto estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que destacou o altísimo nivel acadado polos chefs do país. Na Gala estaban presentes sete propostas novas e creativas, gañadoras todas elas de concursos de petiscos nas súas respectivas cidades. A final do certame De Tapas por Galicia reuniu no Museo Centro Gaiás  a Siro González (Restaurante Siro González, Santiago de Compostela); Luis Peral (Oido Cocina, A Coruña); Sergio Orge e Rubén González (Cafetín, Pontevedra); Pablo Fuentes e Alberto Rodríguez (Bodega de Estrella, Ferrol); Gerson Iglesias e Carlos Barreira (Ruxe Ruxe, Vigo); Cristina Dias (Porta da Pía, Ourense); e Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo).

No evento, presentado por Yolanda Vázquez e Quique Morales, os chefs remataron os seus pratos en directo e explicaron o seu proceso de creación. O xurado profesional valorou a orixinalidade e o respecto polo produto galego da tapa gañadora. Formaron parte do panel de expertos Miguel Ángel Campo (presidente do Grupo Nove), Alfonso Cabaleiro (presidente de Galicia Calidade), José Manuel García (xornalista da Radio Galega), Marta Fernández Vázquez (directora do Centro Superior Hostalería de Galicia) e Francisco González López (presidente do Clúster de Turismo).

Guardar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *