Pasar un día no Monte Aloia

O Monte Aloia é un dos Parques Naturais máis emblemáticos e antigos de Galicia. Recoñecido desde 1978 como tal, podemos acceder a el facilmente desde municipios como Tui, Gondomar ou Baiona, e gozar así dun día completo rodeados dunha contorna que marabilla a turistas e aos propios veciños da zona.

Con case 650 metros de altitude no seu punto máis alto, é un lugar estreitamente vinculado co sendeirismo. E é que, desde algúns puntos desta paraxe, podemos acceder a asombrosos miradoiros, áreas recreativas e mesmo xacementos arqueolóxicos mentres conseguimos desconectar da tensión diaria.

Nun sitio como este, unha boa forma de comezar a explorar propona a ruta que se inicia no Centro de Visitantes “Casa do Enxeñeiro Areses”. Un centro construído en 1921 que homenaxea ao enxeñeiro que transformou esta paisaxe fai máis de cen anos mediante unha exótica reforestación que incluía, vexetación autóctona e outras especies como o ciprés, o abeto ou o cedro do Líbano. Ademais de todo, o edificio tamén alberga unha exposición permanente e ampla información sobre o parque.

Pero, elixas a ruta que elixas, o importante aquí é admirar as vistas. Recomendámosche que leves prismáticos para contemplar os vales do río Miño e do Louro, a desembocadura do Miño, o monte de Santa Trega ou a silueta das Illas Cíes. Ademais das panorámicas que nos ofrecen, algúns dos miradoiros sorprenderanche polo seu orixinal deseño, xa que as súas varandas de pedra imitan ramas de árbores para non desentoar coa contorna vexetal.

Pero isto non é todo, tamén poderemos atopar no Aloia sete muíños de auga rehabilitados a través das sendas dos Muíños de Paredes e a dos Muíños do Tripes, esta última formada por pasarelas e pontes de madeira de fácil acceso. E un dos lugares máis visitados como é a ermida do Alto de San Xian, un santuario románico que se levanta sobre o punto máis alto do monte.

O Aloia non defrauda a nivel arqueolóxico, xa que alberga restos prehistóricos e romanos, ademais de lendas celtas, como a batalla do Monte Medulio, que afirma que foi o escenario do suicidio colectivo das tribos celtas antes de caer en mans dos romanos.

Se aínda te quedas con ganas de máis, podes visitar os restos arqueolóxicos do asentamento prerromano Castro Alto dos Cubos a través dun roteiro de 4,5 quilómetros que empeza na aldea de Frinxo. Aquí consérvase un muro de 1.250 metros de lonxitude construído por grandes pedras sen argamasa.

Sexa como for, ao finalizar o día faite cun oco nun dos miradoiros do monte e non te perdas os cambios de cores do ceo sobre esta paisaxe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *