Outono no Courel

Se hai un momento bonito para gozar dos bosques, os parques e os paseos, ese é o outono. Quizá por iso, e unido ao feito de que é unha terra na que abunda a vexetación, Galicia convértese nun paraíso cheo de paisaxes idílicos.

Un deles está situado ao sur da provincia de Lugo, e nel pódense atopar árbores da máis variada tipoloxía e da máis variada antigüidade. Estamos a falar do Courel, un lugar cuxa beleza se fai máis evidente coa chegada do outono.

O mero feito de percorrer as estradas desta zona e botar a vista cara ás pronunciadas ladeiras da montaña baixo os nosos pés é impresionante, pero é que no outono, ademais, o manto de cores douradas que o cobre todo fai que gocemos dunhas vistas espectaculares, de película.

E se facemos o percorrido a pé, é fácil atoparse cos cogomelos e as castañas tan típicas desta época enchendo o chan de riqueza. Tanto é así que, cada ano, son numerosos os afeccionados á micoloxía e comerciantes que acoden ó Courel a facerse con estes produtos. Produtos que, ademais, en Galicia, contan cunha calidade formidable debido ás condicións climatolóxicas e ao terreo que ofrece a comunidade.

Se es é un afeccionado ao sendeirismo, tamén atoparás aquí diversas rutas que che axudarán a coñecer un pouco máis a flora e a fauna desta zona, así como descubrir os pequenos pobos cheos de encanto que se esconden tras os bosques frondosos. Son infinitos os camiños que percorren esta serra e, entre uns e outros, antigos sequeiros de castañas, ferrerías e outros elementos que nos mostran como se vivía e como se traballaba aquí hai anos. Incluso os romanos viñeron ata aquí durante a Idade Media para facer escavacións en busca de ouro.

Non pode un marcharse de aquí tampouco sen facer un percorrido polos diferentes regatos que terminan en fermosas fervenzas no interior do Courel, como a Fervenza de Vieiros. Son imperdibles tamén as covas calcarias e os castros, como o Castro da Torre ou o Castro de Vilar, patrimonio cultural de inmenso valor.

Este outono, se tedes a oportunidade de visitar esta zona, non a desaproveitedes. Só ao chegar alí entenderedes por que é toda unha xoia da natureza e por que todo o que vai unha vez ten a necesidade de regresar.

 

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *