Os Cachivaches fará unha paisaxe lucense en miniatura

Lugo reducida

Alejandro Méndez, chef da arrozaría Os Cachivaches (Lugo), ex baloncestista, quedou namorado da cociña desde que se decidiu a profundar nela.  Asegura que gañar o Concurso de Tapas de Lugo foi “o mellor que nos pasou, unha marabilla, un subidón tan grande para o  grupo de cociña y de camareiros que saímos a celebralo”. Agora vai pola final galega de De Tapas por Galicia na Cidade da Cultura cun bocado misteriosamente bautizado como Néboa no bosque, “unha paisaxe concentrada en vinte centímetros de diámetro”.

A base é un arroz con queixo do Cebreiro, soia doce e trufa; e a carne de veado cociñada ao punto. A partir de aí, Méndez monta unha paisaxe na que un espárrago simula un piñeiro, o brócoli un carballo, a iuca seca un tronco, as améndoas unhas pedras, unha folla de plátano a herba, un brownie salgado a terra… Ata se simboliza o disparo dun cazador con sopa de arandos. E, despois, o toque final: a néboa, creada no momento con xeo seco e viño mencía quente.

Guardar

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *