O Ribeiro

O Ribeiro
O Ribeiro

Ruta do Viño de O Ribeiro
Travesía do Ribeiro, 3 BJ
32400 Ribadavia. Ourense
Tel: +34 988 472 044
Fax: +34 988 472 240
www.rutadelvinoribeiro.com
info@rutadelvinoribeiro.com

Ribeiro está situado na parte máis occidental da provincia ourensá, na confluencia dos vales dos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. É este enclave o que singulariza estas terras e confírenlle unha notable beleza paisaxística. O Ribeiro foi moi activo desde tempos antigos, proba diso é a existencia de vías romanas, restos de minas, lavadoiros de ouro, etc.; as primeiras citas documentais que a definen como rexión diferenciada datan do ano 928. Desde a Idade Media, esta terra e as súas xentes estiveron intimamente unidas ao cultivo da vide e á produción dos seus característicos viños, sendo a principal referencia vinícola dos reinos cristiáns desde o século IX ata o século XVII. Este territorio, considerado como un dos enclaves máis representativos da arquitectura galega, atesoura un patrimonio artístico magníficamente conservado. Nos seus pobos medievais pódense visitar castros, xuderías (Ribadavia, coa súa Festa da Istoria no mes de agosto), pazos (Pazos de Arenteiro), mosteiros e igrexas integrados á perfección coa paisaxe da auga e o viño.

As épocas castrexa, románica, barroca ou moderna, conxúganse no Ribeiro entre a nobreza do seu granito e espiritualidade da cultura. Os recursos da Ruta do Viño do Ribeiro ofrecen un amplo abano de posibilidades para gozar da visita. As rutas de sendeirismo permítennos coñecer Monumentos Naturais como Pena Corneira, ou admirar a riqueza patrimonial que os diferentes estilos arquitectónicos nos deixaron. Podemos gozar practicando deportes naúticos, pasear en catamarán entre viñedos ou relaxarnos e aproveitar as beneficiosas propiedades das augas termais.

A D.O. conta cunha extensión de aproximadamente 2.700 hectáreas de viñedo situadas nos municipios de Ribadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle, Beade, Punxín e Cortegada, e parte dos de Boborás, San Amaro, Toén, Carballiño, Ourense. O viñedo esténdese desde os 75 ata os 400 metros de altitude en vales e ladeiras ás veces de acusada pendente que é salvada polas terrazas, aquí denominadas socalcos ou bocarribeiras, que seguen as curvas de nivel.

Cun clima de influencia atlántica, de temperaturas suaves e unha notable pluviometría, cultívanse preferentemente uvas brancas como a Treixadura, seguida de Loureira, Torrontés, Albariño, Albilla, Godello e as foráneas Macabeo e Palomino. En tintas a preferente é a Caiño, complementadas pola Ferrón, Sousón, Brancellao, Mencía, Garnacha e Tempranillo. As vides elévanse para que o froito non esté en contacto co chan. O viño branco do Ribeiro é un viño limpo e transparente, sutil no olfacto, con exquisitos aromas de flores e froitas; os tintos son vivos, con tons brillantes de vermello picota, intensos en nariz e amplos e expresivos en boca.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *