O chef Álvaro Villasante (Paprica) representará a Lugo na final do certame De Tapas por Galicia

Paprica Lugo

O chef Álvaro Villasante, do restaurante Paprica, será o representante de Lugo na final do Premio Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia, que xunta por primeira vez o próximo 31 de marzo en Santiago aos gañadores dos concursos de tapas das sete cidades. O cociñeiro palense acode á cita na Cidade da Cultura cunha proposta de orixinais texturas.

Villasante, integrante do prestixioso Grupo Nove, gañou o último Concurso de Tapas de Lugo cunha Pescada de Celeiro e bocabits de luriña e xeado de tomate. Trátase dun prato no que o peixe, feito ao forno a baixa temperatura, se mestura con sorbete de tomate negro de Santiago e cun orixinal crocante feito con arroz negro moi cociñado, seco e posteriormente frito. O responsable do Paprica formouse con varios dos mellores cociñeiros de España, como Sergi Arola (La Broche), Gonzalo Tamames (Rincón de Gonzalo) ou Ramón Freixa (Racó d’en Freixa) antes de abrir en 2007 o seu propio negocio na capital lucense.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *