Lucía Freitas e Nacho Tierno (A Tafona) homenaxean a cociña tradicional en De Tapas por Galicia

A Tafona De Tapas por Galicia

Lucía Freitas e Nacho Tierno, do restaurante A Tafona Casa de Xantar, representarán a Santiago na final do Premio Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia cun xogo de homenaxes.  O pincho co que concorrerán denomínase Moegas, cogomelos e Touza Vella e nel recupérase un produto, as moegas de tenreira, esquecido na práctica culinaria diaria. Cociñadas no seu zume, contrástanse cun queixo galego de autor e cantarelos de temporada.

Turismo de Galicia xunta por primeira vez o próximo 31 de marzo en Compostela aos gañadores dos concursos de tapas das sete cidades. Entre eles estarán estes dous chefs composteláns, integrantes do Grupo Nove. Nacho Tierno formouse en Santiago e perfeccionou a técnica con Pedro Martino, mentres que Lucía Freitas estudou en Bilbao e Barcelona e pasou por fogóns tan prestixiosos como os do Mugaritz, o Celler de Can Roca ou El Bohío.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *