José Luis Fernández (Tapa Negra) defende a Ourense en De Tapas por Galicia

tapa negra ourense

O chef José Luis Fernández, da tapería Tapa Negra, será o representante de Ourense na final do Premio Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia.

Fernández gañou a última edición do concurso Sabores de Outono cunha receita titulada Trisquel: biscoito de chocolate, shiitake, escuma de níscaros, saquiño de carrilleira no seu zume e queixo do país. Trátase da recreación dunha senda polo monte, rodeada de pedras, cogomelos e elementos vexetais, unha proposta ligada ao gusto do cociñeiro polo aspecto visual da cociña. O responsable do Tapa Negra formouse na escola de hostalería de Vilamarín e traballou en fogóns como os do Pazo San Damián (Amoeiro) e o Ruta Jacobea (Santiago de Compostela).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *