GR 53 – Panorámico de Vigo

Sendeiro GR 53 - Panorámico de Vigo

Este itinerario bordea os límites do municipio vigués pola súa verten- te montañosa, ofrecendo vistas sorprendentes sobre a cidade e a súa ría.

É un percorrido deseñado para achegar a xente desta grande urbe ao medio natural que se estende a poucos metros das súas casas. Localizáronse unha serie de parques forestais en parroquias do Concello de Vigo que, provistos de todo o necesario para o esparexemento e o descanso, determinan o masivo éxito deste sendeiro durante a fin de semana.

Pero tamén hai lugar para a Historia: os petróglifos de Fragoselo, os dolmens da zona do Mercantil e os restos da antiga muralla defensiva do monte O Galiñeiro.

Arquitectura rural en Chandebrito e Fraga, o fermoso emprazamento do muíño das Maquías no río Zamáns, bosques autóctonos e todo este contorno natural lonxe do ruído da cidade, convérteno nun sendeiro moi atractivo e transitado.

 

ACCESOS– En bus urbano chégase a Saiáns, A Garrida, Universidade, Rebullón, aeroporto e A Madroa. En Saiáns parte da igrexa de San Xurxo. Na Madroa parte fronte ao zoolóxico.

LONXITUDE– 58,2 km en total. O sendeiro prin- cipal ten 39,9 km e as variantes GR 53.1 e 53.2 esténdese por 8,1 e 10,2 km de lonxitude respectivamente.

PUNTO PARTIDA / CHEGADA – Saiáns / A Madroa.

PERCORRIDO  – Saiáns, A Garrida, Puxeiros e A Madroa.

DIFICULTADE – Media. É un percorrido moi longo, polo que se recomenda executalo en varias xornadas. Conta con numerosas subidas e baixadas pero de trazado bastante suave.

DURACIÓN – 19 horas.

CONEXIÓNS – Cos PR-G 1, 5, 9 e cos GR 58 e 94.

MATERIAL – Se a intención é facer todo o sendeiro nunha fin de semana, será necesario levar suficiente equipo. A auga é bastante frecuente ao longo do percorrido.

SERVIZOS – Aprovisionamento nos núcleos de poboación que circundan Vigo.

MEDIO –  Non exento de riscos

ITINERARIO –  Existe traza clara de camiño e sinalización

DESPRAZAMENTO –  Camiños con diversos firmes

ESFORZO –  Máis de 10 horas de marcha

ACCESO EN BICICLETA – Apto parcialmente.

ACCESO A CABALO – Apto totalmente.

CARTOGRAFÍA

I.G.N. 1:25.000
No 223-II Redondela, 223-III Vigo,
223-IV Mos, 261-I Baiona e 261-II O Porriño.

MÁIS INFORMACIÓN

Federación Galega de Montañismo
Edificio das Federacións Deportivas Galegas. Rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17, of. 10. 36209 Vigo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
e-mail: info@fgmontanismo.com
www.fgmontanismo.com 

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *