Galicia, paraíso da escalada III

Hoxe traémosvos a terceira e última entrega sobre a escalada deportiva en Galicia. Esta vez imos á provincia da Coruña, onde atopamos 6 espazos perfectos para practicar o teu deporte favorito. 

 

MONTE MEÁN – OLEIROS 

En Pedrade Monte Meán sitúase a zona de escalada coñecida xeralmente por Mera, por ser a poboación máis próxima. Estamos nunha zona salvaxe, na que, se miramos cara ao Faro de Mera, poderemos ver a colonia de cría de corvo mariño cristadomáis grande da península. Consta dunhas 20 vías cunha altura de entre 8 e 10 metros dun granito distinto ao habitual da costa. O mellor momento do día para escalar é cando a marea está baixa, pero pódese escalar tamén con ela alta, sempre e cando se estea pendente da ondada.

 

FIGUEIRAS – SANTIAGO 

A 10 minutos do centro de Santiago atopámonos con esta pequena escola de granito. Reequipada con químicos e aproveitada ao máximo, os sectores están todos moi preto de onde se deixa o coche. Cun bo equipamento, roca de calidade, e unhas vías non moi longas pero entretidas, é o lugar perfecto para escalar rodeado de tranquilidade. Con 40 vías e unha altura máxima de 16 metros, trátase dunha zona pouco coñecida na que moitas veces terás a escola só para ti. 

 

MONTE XALO– CARRAL, CULLEREDO E CERCERDA

O Monte Xalo é un dos cumes máis altos da zona litoral coruñesa.

A máis de 500 metros de altura, atópase O Petón, conxunto de rocas en forma de balcón que constan de un bo equipamento para a práctica da escalada. Alí atoparate unhas 75 vías cunha altura máxima de 30 metros. Desde este alto poderás contemplar unha incrible panorámica da comarca, e dos 3 concellos aos que pertence este monte: Carral, Culleredo e Cerceda.

 

BAROÑA – PORTO DO SON

Preto do Castro de Baroña, asentamento no que se conservan unhas 20 vivendas de planta circular, atopámonos cunha escola de granito de dous micas na que podes ver bater as ondas con forza e gozar das paisaxes da contorna. Esta escola está equipada cunhas 50 vías de ata 18 metros de altura, con placas e paredes verticais e esborralles.

 

PRESA DO EUME – AS PONTES 

A escola de escalada que nos atopamos aquí está situada no canón do Río Eume e forma parte daladeira Sur da Serra de Forgoselo. Con roca de granito, poderás chegar a escalar unha altura máxima de case 300 metros en adherencia, con 10 longos de entre 20 e 28 metros por cada un e reunións equipadas para rapelar. Consta dunhas 50 vías nas que a altura media é de 25 metros. A contorna desta presa é ademais fantástica para practicar sendeirismo.

 

CHANTEIRO – ARES 

Estamos ante unha zona de escalada asentada en cantís de roca granítica dunha excelente calidade con vías para todos os gustos e niveis. Na actualidade hai máis de 50 vías chegando a alcanzar unha altura máxima de 30 metros. É unha das zonas de escalada deportiva en Galicia con maior altura, desde a cal poderás contemplar o Atlántico.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *