Ferrol propón unha mestura galega e asiática para De Tapas por Galicia

Ferrol, cidade aberta ao mar e ao mundo, envía á final de De Tapas por Galicia unha orixinal mestura das gastronomías galega e asiática. O chef Gonzalo Pérez presentará na Gala Showcooking do próximo día 31 un interesante Roliño vietnamita de porco celta e cigala que combina sabores dos dous extremos do mundo.

Desde o fogón do restaurante Frank, en pleno Ferrol Vello, Pérez é un dos renovadores da cociña na cidade, como demostra estra creación, merecedora do primeiro premio no certame Tapéate.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *