Un xurado de profesionais decide o luns cal é o mellor prato De Tapas por Galicia

TAPAS XERAL RED

O mellor da gastronomía urbana galega reunirase o próximo luns 4 de xullo na Cidade da Cultura para a Gala Show Cooking De Tapas por Galicia, na que se decidirá cal é o mellor petisco do país esta temporada. Sete chefs, un por cada gran cidade, presentarán as súas creacións, premiadas xa nos concursos de tapas locais, nun evento organizado por Turismo de Galicia.

De Tapas por Galicia busca promover o turismo urbano e gastronómico aproveitando a puxanza dos cociñeiros galegos, e especialmente a súa creatividade á hora de idear este tipo de pratos de pequeno formato. Na cita estarán presentes a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Na gala do luns, presentada por Yolanda Vázquez e Quique Morales, os chefs rematarán os seus pratos en directo e competirán por dous  recoñecementos, o Especial do Público e o Premio Mellor Cociñeiro. Este último outórgao un xurado formado por Miguel Angel Campo (presidente do Grupo Nove), Alfonso Cabaleiro (presidente de Galicia Calidade), José Manuel García (xornalista da Radio Galega), Marta Fernández Vázquez (directora do Centro Superior Hostalería de Galicia) e Francisco González López (presidente do Clúster de Turismo). Nos dous casos o premio consiste nunha fin de semana nun balneario galego e un trofeo deseñado especificamente para a data polo escultor de Samos Luís Loureira.

O EVENTO
A final do certame De Tapas por Galicia reunirá na Cidade da Cultura a sete chefs galardoados nos concursos das súas respectivas cidades. Representarán a gastronomía das súas respectivas cidades Siro González (Restaurante Siro González, Santiago de Compostela); Luis Peral (Oido Cocina, A Coruña); Sergio Orge e Rubén González (Cafetín, Pontevedra); Pablo Fuentes e Alberto Rodríguez (Bodega de Estrella, Ferrol); Gerson Iglesias e Carlos Barreira (Ruxe Ruxe, Vigo); Cristina Dias (Porta da Pía, Ourense); e Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo).

Guardar

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *