Carles Lapuente (La Contenta) defende Vigo cunha mestura galega e xaponesa

La Contenta Vigo - De Tapas por Galicia

Carles Lapuente, chef do gastrobar La Contenta, defenderá a Vigo na final de De Tapas por Galicia cun orixinal Crocante de bacallau, marmelo de pemento de Arnoia e parmentier de remolacha e pataca. Nel o produto local (peixe, marmelada realizada con pementos de temporada, verdura da horta galega) prepárase con técnicas aprendidas polo cociñeiro na súa estadía en restaurantes xaponeses. A mestura de sabores de mar e montaña pon a receita en relación con outra corrente gastronómica de gran importancia, a mediterránea. Preséntase, ademais, cun concepto case pictórico na súa posta en prato.

O chef de La Contenta formouse na escola Hofmann de Barcelona, foi stagiaire no Celler de Can Roca e é un gran coñecedor das cociñas xaponesa e francesa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *