As ferramentas para a túa próxima aventura

 

Vino Galicia

Adegueiros, anfitrións por natureza. Os adegueiros de Galicia ábrenche as súas portas e amosan como fan o viño, mesmo invitándoche a probalo. Descubrirás dende peque- nas adegas familiares nas que che servirán o viño nunha cunca, ata grandes adegas cos seus pazos a pé de viñedo, nos que as vides se mesturan cos xardíns. Poderás realizar unha visita guiada á adega e aos viñedos, participar nunha cata comentada, completar a túa equipaxe de volta cunha boa botella de viño e tamén co recordo dunha cálida experiencia.

Paisaxes con sabor propio. Albariño ou Alvarinho, Godello, Mencía, Treixadura… son variedades de uva que se suceden nos territorios, cunha gran tradición pero con importantes toques de innovación. Sabores con denominación de orixe que diferencian aos viños de Galicia. Viños novos, frescos e modernos, que poderás probar nas nosas enotecas, «bares de viños» e restaurantes; viños aptos para todos os padais e para calquera ocasión. O secular illamento de cada comarca, as esixencias de cada microclima e a forte personalidade dos territorios, tradúcense para ti en sabores e nunha constante festa para o padal.

Dormitorios con encanto. Abrir a fiestra dun pazo e descu- brir nos emparrados as follas que tornan a súa cor en outono; mirar os viñedos tinxidos de branco no inverno; almorzar coa vista perdida no mar ou no fondo dun val. Sensacións que nos nosos aloxamentos mestúranse co carácter amable e as atencións co hóspede. Hoteis Monumento, Paradores, aldeas e casas rurais con encanto, veñen de unirse para ofrecerche os seus servizos nesta guía; arquitecturas secula- res e propostas vangardistas que acollerán momentos inesquecibles.

Con pan e viño. A Galicia recoñéceselle unha forte personalidade en gastronomía. O viño presidirá as túas comidas e ceas, xa sexan de mesa ou de tapeo, nas que se alternarán receitas dos avós con propostas contemporáneas que souberon descubrir novos sabores á gastronomía de sempre. Na costa poderás probar o «peixe de ría» e o marisco, ou unha boa empanada de polbo ou unhas xoubiñas acompañados duns pementos de Padrón, e ata un bo cocido ou lacón con grelos se viaxas no inverno máis cara ao interior. Toda unha mostra de produtos de tempada que poderás probar nos nosos restaurantes e «bares de viño», ou mercar nas nosas tendas para podelos levar contigo.

Escenarios da túa próxima experiencia. A vila e a aldea, a historia e a natureza, o divino e o humano, sorprenden ao viaxeiro. Un escenario perfecto para acompañar a túa estancia nas Rutas dos Viños galegas. Territorio extenso, de máxicas paisaxes, que soubo gardar co transcurso do tempo as mostras máis identificatorias do seu patrimonio. Igrexas románicas e barrocas, mosteiros do Medievo, fortalezas, xudarías, mananciais de augas termais, canóns encaixados en colosais paisaxes e augas navegables. Unha gran canti- dade de recursos que achegarán á túa viaxe unha experiencia chea de contrastes.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *