A Coruña presenta unha fusión de contundencia e delicadeza en De Tapas por Galicia

Tradicional, contundente e, á vez, delicada: así é a tapa que representa á cidade da Coruña na final de De Tapas por Galicia. O seu autor, Luis Peral, chef do restaurante Oído Cocina, é unha proba máis do carácter inquieto dos cociñeiros galegos, con experiencias tan variadas como os fogóns de grandes restaurantes, residencias e ata en Eurodisney.

Peral gañou o premio á mellor tapa tradicional do concurso Picadillo cun Rabo de touro ao mencía con compota de mazá que reduce ao máximo o traballo do comensal, pero non o do cociñeiro, e acode á Cidade da Cultura coa idea de “pasalo ben e coñecer outros compañeiros, que é enriquecedor sempre”.

Guardar

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *