A Cidade da Cultura acollerá De Tapas por Galicia

Museo Cidade da Cultura De Tapas por Galicia

Unha final tan disputada como a do Premio Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia merece un escenario especial. A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, será o día 31 de marzo o espazo de traballo dos gañadores dos concursos de pinchos das sete cidades galegas. Alí, sen trampa nin cartón, os chefs cociñarán en directo os pratos nunha Gala Show Cooking que supón un desafío loxístico.

O conxunto de edificios deseñado por Peter Eisenman converterase por un día nunha enorme cociña contemporánea. Cada cociñeiro contará cun espazo no Museo, adaptado ás súas preferencias e organizado en función das necesidades de elaboración da tapa. Ademais, disporá dos ingredientes necesarios para elaborar o prato nas mellores condicións. Haberá un office común no que os axudantes realizarán o resto das tarefas precisas. Os chefs rematarán os pratos fronte ao xurado e os convidados, permitíndolles coñecer as múltiples técnicas empregadas nestas pequenas xoias culinarias.

O obxectivo deste dispositivo tan complexo é, con todo, ben sinxelo: mostrar a puxanza e a calidade da gastronomía galega.

Guardar

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *