A Bodega de Estrella (Ferrol), primeiro finalista en De Tapas por Galicia

_F5C0804RED

Pablo Fuentes Rial e Alberto Rodríguez Calvo levan 14 anos traballando xuntos, 11 deles á fronte da Bodega de Estrella, en Ferrol. Son tantos os días e as experiencias que acumulan en compañía que se completan as frases e parecen lerse o pensamento. “Temos moi interiorizado o de suavizar as ideas para chegar a un punto en común”, explican.

A súa Volandeira con crema de moluscos, aliño de fiúncho e crumble de castañas conquistou os padais no concurso Tapéate Ferrol, e agora aspira a repetir fortuna en De Tapas por Galicia. É un tour de force coa tradición culinaria galega que parte da combinación entre unha pequena zamburiña e a castaña, aderezada cunha crema de moluscos e hortalizas e un aceite de fiúncho.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *