A App do Camiño de Santiago en Galicia

Nace como parte do proxecto Smart Camiño co fin de acompañarte na túa viaxe e ser a túa guía de peto; é unha aplicación móbil pioneira, que ten a aspiración de situarse como líder no seu segmento.

É unha aplicación gratuíta xa dispoñible para a plataforma Android, e pronto en Ios.

Achega información sobre todas as rutas do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, e Camiño de Inverno.

Disporás, en tempo real, de toda a información que necesites en cada momento:

  • Acceso a toda a información dos trazados oficiais das  rutas. Ademais para os usuarios rexistrado permitirá acceder ás rutas personalizadas no portal
  • Rede oficial de albergues coas súas características, horarios,  localización, teléfono e fotos
  • Acceso a información de eventos (festas, concertos, talleres…)
  • Información detalladas (descrición, localización, imaxes…) de todos os recursos turísticos
  • En cada un dos tramos poderá consultar onde comer, onde  aloxarse, que visitar
  • Alertas de ofertas publicadas establecementos turísticos
  • Información en tempo real das condicións meteorolóxica fornecida por MeteoGalicia
  • Datos de contacto e dirección dos centros de saúde e emerxencias
  • Realidade aumentada que permitirá a través da cámara do móbil visualizar todos os puntos de interese situados nas proximidades
  • O meu diario permitirá gardar os momentos máis importantes do Camiño (notas de texto/fotos), para posteriormente a través da funcionalidade do portal A miña Experiencia crear o seu propio libro dixital
  • Dispoñible nos idiomas galego, español e inglés
  • Ademais, a maior parte das súas funcións están dispoñibles sen necesidade de cobertura no móbil.

Guardar

Guardar

Guardar

Un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *