Ven ás Festas do Monte na vila mariñeira da Guarda

Entre os días 7 e 15 de agosto deste ano celebraranse na vila pontevedresa da Guarda as Festas do Monte, festa declarada de Interese Turístico de Galicia e un dos festexos de maior repercusión na comarca do Baixo Miño.

Trátase esta festa dunha festividade celta iniciada no ano 1913. Desde entón, e cada ano, miles de persoas participan durante unha semana dunha ampla programación que inclúe actividades de diversos tipos, sendo o desfile e o “Día do Monte” os que congregan unha maior cantidade de visitantes.

O inicio dos festexos deste ano márcano as carreiras pedestres populares na Alameda da Guarda e o Trofeo Festas do Monte de Hockey Liña durante a tarde do sábado 5 de agosto. A partir de aí, o día 7, empeza o prato forte, e durante ese día e os seguintes teñen lugar pasarrúas a cargo de grupos de gaitas polo pobo, verbenas con coñecidas orquestras, mostras de artesanía e degustacións gastronómicas, así como un pequeno festival na Praza do As de Copas (XIII Rock in Fervenza), o tradicional desfile folclórico e a subida ao monte de Santa Trega. As festas finalizarán o martes 15 cunha espectacular tirada de fogos artificiais no porto da localidade.

De entre toda a programación, temos que facer mención especial á subida ao monte, creada no ano 1912, cando se crea na Guarda a Sociedade Prol-Monte de Santa Tegra, entre os seus obxetivos estaban os de revitalizar as celebracións relixiosas da ermida, reforestar os arredores, embelecer o contorno e construír unha nova vía de acceso ao mesmo. Ao ano seguinte, a sociedade organiza a primeira Festa do Monte e, aínda que nas súas primeiras edicións tiña un carácter puramente familiar, pronto alcanzou gran popularidade, pasando a converterse nunha celebración anual interrompida só durante a Guerra Civil. Hoxe en día destaca a romaría de bandas mariñeiras que soben desde primeira hora da mañá ata o cume do monte, espantando os malos agoiros ao son dos seus bombos e os seus tambores.

Unha vez arriba, e xunto a amigos e familiares, buscan unha sombra baixo a que xantar e pasar a xornada que, este ano, é o domingo 13Co avance da tarde emprenden o regreso á vila da Guarda e todos participan dunha gran verbena na que empezarán a pensar xa na festa do ano seguinte.

 

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *