Semana Santa, Viveiro (Lugo)

Semana Santa, Viveiro (Lugo)
Semana Santa, Viveiro (Lugo)

Municipio que se abre ao Cantábrico, representativo da Mariña central lucense, con montes nos que se celebra tamén a “Rapa das Bestas”.

O val do Naseiro, o río Landro, escenario igualmente dunha das máis representativas romarías. Espazos de bosques espesos e de praias amplas.

É a vila, onde a comunidade franciscana, desde os primeiros tempos da súa fundación, no século XIII, crea mosteiros e actos en relación coa didáctica da vida e da paixón de Cristo e igualmente coa difusión dos tradicionais cruceiros e do “Viacrucis”. Imaxes articuladas escenifican as diferentes “estacións”, coma o Santo Encontro, acompañado polo “sermón”.

No paso das procesións polas estreitas rúas imponse o silencio, o redobre dos tambores, a luz dos velóns… o paso lento dos ofrecidos. Motivo para o encontro nas rúas empedradas desa vila, algunhas das cales conservan as portas das súas murallas e que tanta importancia tiveron no medievo e no Renacemento en relación co mar.

 


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *