San Benitiño de Lérez

San Benitiño de Lérez, Pontevedra
San Benitiño de Lérez, Pontevedra

Cada 11 de xullo celébrase aquí, nos arrabaldes de Pontevedra, a concorrida romaría do “santo máis milagreiro”, tal como difunden os cantares populares. San Bieito é un dos santos máis venerados de Galicia, culto que se remonta á mesma Alta Idade Media e que se espalla coa orde do Císter que ten en Galicia importantes mosteiros. Santo ao que acoden os devotos coa intención de curaren algún mal, especialmente as verrugas.

Lérez é antigo mosteiro benedictino, santuario erguido nas ribeiras do río Lérez, onde se venera a pequena imaxe do santo. Os devotos pasan por baixo do seu altar e untan un dedo na lámpada de aceite que din “milagreiro”. 

View Larger Map

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *