Romaría Vikinga

Romaría Vikinga
Romaría Vikinga

Romaría Vikinga
Festa declarada de Interese Turístico Internacional    

Catoira (Pontevedra)

Coas Torres de Oeste, lugar que foi asentamento romano e cos vestixios das torres medievais, que foron custodia dos accesos polo río Ulla a Jacobsland, como lle chamaban os nórdicos á cidade do Apóstolo. Aquí, entre as lembranzas daquela historia, cada primeiro domingo de agosto escenifícase a lembranza das invasións: os “drakkars” vikingos arriban… aturuxos, brandir de espadas dos cornudos e grosos rubios nórdicos… os “cristiáns” non poden resistir… escaramuzas, fume e finalmente un confraternal convite, a esencia da romaría, entre actores e espectadores, mesturados con gaiteiros. Mentres, os fogos de artificio resoan en toda a ría de Arousa.

View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *