Romaría do Santo Cristo Fisterra (A Coruña)

Romaria do Santo Cristo Fisterrra
Romaria do Santo Cristo Fisterrra

No confín extremo occidental de Iberia, a onde continuaban as peregrinacións despois de visitaren o sartego do Apóstolo. Espazo do sol poñente no que as tradicións sitúan a “Ara Solis” e na ermida de San Guillermo, onde perviven cultos da fecundidade.

En Fisterra a Semana Santa ten unha significación especial en relación co culto solar: despois das tebras, da Paixón, virá a Pascua Florida que se celebra coa escenificación da Resurrección e nas inmediacións da igrexa románica de Santa María da Area, onde se venera, como se se tratase do mesmo sol resucitado, a curiosa imaxe articulada do “Santo Cristo da Barba Dourada”.


View Larger Map

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *