“Romaría da Fraga” As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Romaría da Fraga As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

“Romaría da Fraga” As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
“Romaría da Fraga” As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Bosque nos camiños que soben ou baixan da serra Faladoira, célebre polas súas mámoas megalíticas, paraíso xeolóxico, catedral da natureza formada polo Eume e polos seus afluentes. Espazo no que se acoller cada 24 e 25 de xullo e desde unha tradición de 1904.

A fraga é un espazo nas ribeiras do río no que, competitivamente, se constrúen cabanas, a cal máis típica, para entrar no concurso e compartir a festa, o polbo, a empanada, a tradicional comida da romaría galega.

De fondo, o son da gaita que é aquí, nos espazos abertos, onde este antigo instrumento se deixa oír con toda a súa autenticidade. Os xogos populares, como o tiro con corda, caracterizan esta festa que na véspera convoca un concorrido e representativo festival folk, expoñente do estado da cuestión do que significan as tradicións.

 

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *