Que facer en Galicia do 9 ao 15 de Xullo?

Esta semana de Xullo temos unha chea de propostas de lecer en Galicia, desde o mesmo luns e con plans moi variados. Será difícil elixir entre todas estas alternativas, cal che gusta máis?

 

Faguía do Carnés

Do 9 ao 11 de Xullo – Praza do  concello 6, Vimianzo

Comezamos a axenda con esta Festa consagrada aos callos que se preparan en Carnés cada ano coa imaxe de San Cristóbal presidindo a comida, e a xente achegándose a ela para rezarlle ou pedirlle favores.

Como xa sabedes en Galicia somos moi verbeneiros e nesta festa non ía ser menos. Gaiteiros e verbenas acompañarán esta festa durante os tres días que dura. Se che gustan os callos á galega, esta é a túa festa!

 

Festas de San Benitiño de Lérez

Mércores 11 de Xullo – Mosteiro San Salvador de Lérez, Pontevedra

No mosteiro de San Salvador de Lérez sitúase unha capela dedicada a San Benito, o santo milagreiro que cura enfermidades da pel, sobre todo verrugas e pústulas. Neste día celébranse continuas misas desde a mañá para todo aquel que queira asistir. Pero non só de devoción se nutre esta festa, que contará con postos de polbo, empanada, churros…na chaira que hai fronte ao mosteiro. O programa complétase con actuacións musicais que mesturarán tradición e verbena nas proximidades do mosteiro.

 

Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Do 12 ao 15 de Xullo – Ortigueira, A Coruña.

Por fin chega o Festival Internacional do Mundo Celta, que este 2018 celebra a súa 40 edición contando coa participación de artistas da talla de Milladoiro, Ímar ou Yves  Lambert.

Un plan perfecto é acampar durante 4 días baixo os piñeiros de Ortigueira para asistir a este referente musical de verán.

Co festival conviven máis propostas como exposicións, representacións teatrais, unha feira na que poder mercar produtos artesáns e o xa tradicional desfile de bandas de gaitas de todos os territorios celtas, que se celebra o domingo pola mañá.

Hai transporte urbano gratuíto desde os  parkings ata os campamentos.

Podes ver o  programa completo en http://festivaldeortigueira.com/

 

Feira do Viño do Rosal

14 e 15 de Xullo – Parroquia do Rosal (Santa Mariña), Ou Calvario, Pontevedra.

Este fin de semana poderás degustar diferentes viños das adegas da zona do Rosal que participan nesta feira, acompañado, por suposto, de produtos gastronómicos exquisitos.

O programa inclúe, ademais da degustación, interesantes exposicións culturais e actividades para os máis pequenos. O domingo pola mañá celebrarase unha carreira popular entre os viñedos das adegas participantes na feira.

 

Festa do Polbo

Sábado 14 de Xullo –  Concello de Mugardos, A Coruña.

Chega o día grande do polbo ao estilo mugardés que se caracteriza pola súa salsa feita con cebola, pemento verde e pemento vermello. 10 euros a ración de polbo á mugardesa e 2 euros a de empanada de polbo, cunha  cunca de viño e pan. E poderás levar de recordo o prato e a cunca!

Ademais, como en case en todas as festas galegas poderás gozar deste rico manxar coa música das charangas.

 

Festa  do Percebe  do Roncudo

Sábado 14 de Xullo – Parroquia de Corme Porto (Nosa Señora dos Remedios), O Porto de Corme, Ponteceso, A Coruña.

Todos os anos a Festa do Percebe do Roncudo dá comezo cunha charanga e un grupo de gaitas. Ás 12 ten lugar a misa cantada na honra a todos os mariñeiros e mariscadores falecidos na captura deste crustáceo. Acabada a misa, ábrese a degustación do percebe co pregón das Festas. Un plan gastronómico obrigatorio se nunca probaches este manxar galego.

 

Gran Premio de Carrilanas de Esteiro

Do 13 ao 15 de Xullo – Esteiro, Muros, A Coruña.

Sabes o que é unha Carrilana? un vehículo de 3 ou 4 rodas para competicións de descenso sen ningún tipo de propulsión. O máis divertido é a imaxinación e o empeño que poñen os seus creadores cada ano en desenvolvelas.

Esta semana celébrase o Gran Premio, así que se queres participar, xa sabes: se orixinal, divertido e mesmo incorpora un disfrace ao teu equipamento. Pero sobre todo ten coidado coas curvas!

Máis información en http://carrilanasesteiro.com/es/

 

Festividade do Apóstolo Santiago

Do 15 ao 31 de Xullo – Santiago de Compostela,  A Coruña.

Xa está aquí unha das maiores celebracións do ano en Galicia, dentro das cales se atopa o día grande, o 25 de Xullo, Día de Galicia.

Unha quincena repleta de concertos con música clásica e folclore, orquestras, teatro de rúa, teatro de sala, programación infantil, charangas, humor, danza, cabezudos…

Os días 24 e 25 de Xullo concentran os actos centrais: O 24 a medianoite destaca polo impresionante espectáculo pirotécnico na Praza do Obradoiro (recomendamos que collas sitio temperánpara contemplar o espectáculo de luz e fogos artificiais). E o 25, é cita ineludible a asistencia a misa na Catedral e ver o inmenso botafumeiro que enche a estancia dese cheiro inigualable.  

 

Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas

Do 13 ao 17 de Xullo – Vigo, Pontevedra.

Chegan as festas máis importantes do ano para este barrio vigués. No programa destaca a lectura do pregón, a regata internacional de faluchos (unhas tradicionais embarcacións de vela latina), e o Festival Poético Piro-Musical “Cidade de Vigo-Vila de Bouzas”. A axenda complétase con verbenas e concursos.

O domingo pola noite, celébrase unha procesión en honra ao Santo Patrón e séguelle unha  impresionante sesión de fogos artificiais. Recomendamos que collas sitio nos peiraos ou praia de Bouzas ou, se podes vaias a algún dos miradoiros de Vigo como Paseo Alfonso, montes do Castro e da Guía para gozar do espectáculo en todo o seu esplendor.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *