¿Que facer en Galicia do 24 ao 30 de setembro?
Esta semana podemos sumarnos a plans moi dispares: bailar ao ritmo das gaitas, rir sen parar no teatro ou asistir a representacións cargadas de reivindicación. Todo grazas a unha axenda semanal nada monótona, onde seguro que atopas o plan perfecto para ti.
Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2018
26 de setembro – Santiago de Compostela, A Coruña
O Festival ten un ciclo de programación que mostra as capacidades das persoas que sofren algún tipo de discapacidade intelectual. Estarán no Auditorio de ABANCA en Santiago de Compostela ás 19:30 horas, interpretando a súa obra de teatro Un mal día.
Grazas a esta iniciativa podemos achegarnos á complexa realidade de persoas en risco de exclusión, a través dunha representación teatral que nos ofrece unha imaxe positiva e respectuosa das persoas con discapacidade. Non quedes sen entrada! Entrada Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2018
Festival das Brétemas
Do 28 ao 29 de setembro – Ponteareas, Pontevedra
O Festival das Brétemas celebra a súa sétima edición no parque A Feira Vella de Ponteareas (Pontevedra) nun evento no que predominan o compromiso social e a defensa e difusión da cultura tradicional galega. Anímate e participa nun festival cheo de música, baile e rebeldía.
Consulta a programación deste encontro na páxina de Facebook da asociación: Facebook Festival das Brétemas
FIOT – Festival Internacional Outono de Teatro
Do 28 ao 31 de outubro – Carballo, A Coruña
O Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT) en Carballo celebra a súa edición número 27 cunha clara mensaxe de chamada á conexión entre a xeración millenial e o teatro. É a cita anual co teatro que non pode faltar nos plans para esta semana.
Atento a todas as novidades na súa conta de Instagram: Instagram FIOT
Festa de San Miguel e Danza das Espadas
Do 29 ao 30 de setembro – Marín, Pontevedra
A Festa de San Miguel e Danza das Espadas celébrase na Avenida de Ourense en Marín (Pontevedra), dende mediados do século XVII, en concreto, dende o ano 1639. Destaca a Danza das Espadas, un tributo a San Miguel -patrón dos mariñeiros- para agradecer as xornadas de pesca produtivas e evitar as desgrazas en alta mar.
Na actualidade congrega cada vez a máis visitantes que deciden participar dunha celebración considerada, dende o 2010, de interese turístico en Galicia.
Brigantium Metal Fest
29 de setembro – A Coruña, A Coruña
O Brigantium Metal Fest regresa á cidade herculina cun cartel que este ano contará coas actuacións de Vestige, Somos Nós ou Malasombra. A sala Leclub será o escenario da segunda edición deste evento de música metal na Coruña.
Consegue a túa entrada por 10€ en: Entradas Brigantium Metal Fest e segue as novidades no evento oficial do festival: Evento Brigantium Metal Fest
Consulta a información de cada un dos plans que che propoñemos e elixe o que mellor se adapte a ti.