Que facer en Galicia do 23 ao 29 de xullo?

Na axenda da semana pasada contabámosvos que empezaba a Festividade do Apóstolo Santiago e a Festa da Dorna e aínda estades a tempo de ir a ámbalas dúas. En Santiago, mañá martes 24 e mércores 25, día de Galicia, son os dous grandes días de festa. Doutra banda, aínda podes gozar ata mañá da insólita e divertida Festa dá Dorna.

Agora, centrémonos nas festas que comezan esta semana.

 

Oenach Atlántico

27 ao 29 – Sedes (Santo Estevo), Narón, A Coruña.

En Narón celébrase a vixésima edición do Oenach Atlántico na que se recupera o modo de vida castrexa. Recréase unha aldea onde se traballa o coiro e a madeira, elabóranse utensilios de barro e fabrícase pan entre moitas outras actividades.  

Realízase tamén un espectáculo musical, xogos rurais e unha feira de artesanía galega.

Non podía faltar a proposta gastronómica que ofrece pratos como o porco celta ao espeto ou a galiña de Mos.

 

Festa do Carneiro ao espeto

27 al 29 – Saiáns (San Salvador), Santa Lucía de Moraña, Pontevedra.

Dentro da Festa do Carneiro ao espeto podemos atopar un festival folk, actividades deportivas, carreira pedestre, festa da bicicleta, torneo de fútbol e de tenis, etc, pero o maior reclamo desta festa é gastronómico. Os carneiros, abertos en canle, ásanse con lume e leña.

Se tes pensado acudir acompañado de familia e amigos, podes reservar un lote que inclúe comida para 20 persoas pero, se isto é demasiado, tamén poderás degustar unha ración de Carneiro ao Espeto nos restaurantes dos arredores.

 

Goza da festa! e permanece atento ás nosas axendas semanais dos luns para non perder nin unha.

Deixar una contestación

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *